top of page

Eonaviego asgaya nel Xuntoiro

  • eonaviegoficial
  • 26 nov
  • 3 Min. de lectura

Como vos anunciábamos nunha publicación anterior, el Xuntoiro achegóu á Ría del Eo música, literatura, arte, talleres, cuntacontos, teatro, esposicióis, cine y falantes que festexaron estos encontros nel occidente d’Asturias col eonaviego como protagonista.


A mañá del venres foi prá xente miuda. Dende ben cedo el Xuntoiro chegóu á escola y el CEIP La Paloma convertíuse nun escenario unde os pequenos poderon disfrutar de  contos, un taller de radio y hasta de poñerye voz á abeya Maya nun taller de dobraxe qu’entusiasmóu a os participantes. Foron tamén as nenas y os nenos castropolenses os encargaos de buscar as pedras máxicas qu’escondían libros en eonaviego pra quen las atopase.

De tarde, xa dentro da Casa da Cultura, fíxose a inauguración oficial del Xuntoiro y os asistentes escuitaron a conferencia de Lucas Vega Villabrille sobre A literatura eonaviega alredor del Castropol y El Aldeano.

El teatro, col obra A radio de bulito da compañía Baluarte de Veiga y a música de Susana Gudín primeiro, y del dúo Mestura despós, remataron a xornada.


El sábado ameicéu chovendo y con muito frío, pro eso nun impedíu qu’el taller de cesteiría dirixido por Moncho, el cesteiro de Lantoria, fose todo un ésito. A xente marchóu prá casa cos sous cestíos y con muitas ganas de nun esqueicer un oficio tradicional que demostróu tar einda mui vivo. Mentras tanto, na Biblioteca Popular Circulante Menéndez Pelayo, Sandra Rico compartíu cos asistentes un curso exprés d’eonaviego.

ree
Taller de cesteiría
Taller de cesteiría

El pasacayes da banda de gaitas El Penedón chegóu al Parque Vicente Loriente pouco antes de que nel salón d’actos da Casa da Cultura empezasen un bon puñao d’actividades pra os nenos. ¡Cúntame un conto! trouxo a Castropol a Fernando López-Cancio col sou Sabicheiro y os sous Zarapayeiros; a Cristóbal Ruitiña cos Albióis pequeños y el arracada máxica; y, dende Suiza, Belén Alonso fixo devecer al público cos primeiros capítulos d’El pasao nunca esqueice, recente ganador del Premio Quiastolita 2024.

A literatura foi a protagonista da tarde, col encontro literario nel Xuntoiro, unde Carmen Siñeriz, Fernando Vijande, Cristobal Ruitiña y M.ª José Fraga compartiron col público relatos y poemas. Pra pechar a tarde, el eonaviego foi el protagonista d’unha mesa redonda na que Critóbal Ruitiña, Ruth González y Aurora Bermúdez, moderaos por Natalia Riego, debatiron sobre el futuro da lingua falada na terra d’Entrambasauguas.

El teatro, con Carlos Alba Cellero y a música con Clandestías, primeiro y Amarradizo, despós, despediron un sábado intenso.


Mesa redonda: Eonaviego, perspectivas de futuro.
Mesa redonda: Eonaviego, perspectivas de futuro.

Santiniebla foi a protagonista da xornada del domingo. Asina ye chamóu Luis Cernuda a Castropol aló pol 1935, condo as Misióis Pedagoxicas lo trouxeron á vila. Aquela visita inspióuye el obra Na costa de Santiniebla y nel Xuntoiro puido ouguirse por primeira vez lida dafeito en eonaviego. Pro, con Castropol como protagonista, nun podían faltar a alfombra floral feita pola xente da Asociación El Pampillo, a visita guiada con salida dende el parque, nin a zalea en lancha pola Ría a ritmo de saxo y poesía. De tarde, el Xuntoiro acabóu con cine proyectando el corto de Melania Fraga Eu son quen fun.

Foron tres días chíos de propostas interesantes qu'el público soupo aprovetar porque houbo de todo y pra todos. ¡Xa nos tarda pro poder disfrutar outro Xuntoiro nalgunha vila del Navia-Eo!


Neste enlace podedes ver el reportaxe feito pola TPA.


 
 
 

Comentarios


Formulario de suscripción

¡Gracias por tu mensaje!

©2021 por Agayo Eonaviego. Creada con Wix.com

bottom of page